Inicio

Presentación da Asociación de Executivas de Galicia

A nosa misión é representar e defender os dereitos e intereses da muller executiva galega, buscando a toma de conciencia do rol que desempeñamos na sociedade, a economía e en particular no mundo empresarial.

Queremos converternos nunha entidade de referencia amplamente recoñecida pola sociedade en xeral, polos seus valores, o seu compromiso e o seu liderado, utilizando metodoloxías de traballo que leven á consecución efectiva dos obxectivos do grupo de mulleres que representa, e do crecemento sustentable e inclusivo do tecido económico e sociocultural de Galicia.

Descrición das Xornadas

As I XORNADAS DE LIDERADO, EMPRENDEMENTO E INNOVACIÓN EN FEMININO, celebráronse por primeira vez o 30 de outubro de 2013, organizadas pola Asociación de Executivas de Galicia e cofinanciadas polo IGAPE. Estas II XORNADAS DE LIDERADO, EMPRENDEMENTO E INNOVACIÓN EN FEMININO, celebraranse o venres 31 de outubro de 2014 en Vigo (Pontevedra) , tamén cofinanciadas polo IGAPE.Concibidas para ter carácter nacional e periodicidade anual, perseguen varios obxectivos:

  • Xerar debate sobre a economía, a internacionalización, o emprendemento e a innovación como base para o crecemento, achegando a visión feminina a estes retos.
  • Promover o intercambio de experiencias entre os asistentes e as executivas de entidades que están a marcar a diferenza en liderado, innovación, competitividade e internacionalización, transferindo a súa experiencia e claves do seu éxito aos asistentes.
  • Visibilizar e potenciar a participación da muller en postos de responsabilidade, executivos e directivos.
  • Difundir e promover a cultura de empresas líderes e innovadoras que apostan polo liderado feminino.
  • Servir de inspiración para o impulso do liderado feminino e incrementar o número de mulleres que poñan en marcha a súa iniciativa empresarial.

O deseño e estrutura da Xornada realizouse cunha tripla finalidade:

  1. Maximizar os coñecementos transferidos das relatoras nos temas seleccionados, fomentando o seu rol de mentoras para os asistentes.
  2. Proporcionar ás nosas executivas, o acceso á información e coñecemento de gran valor engadido, para que con este coñecemento cheguen a ser altamente competitivas no mundo empresarial global no que desenvolven a súa actividade, preparándoas para o liderado e motivándoas para desenvolver postos de responsabilidade.
  3. Maximizar a participación dos asistentes e a interacción entre eles, fomentando o debate, o intercambio de coñecemento e o diálogo coas relatoras e expertas.

Para asegurar unha adecuada participación e a interacción das asistentes coas relatoras, os paneis ofrecerán un formato dinámico de debate, preguntas e respostas, adecuando os contidos ás demandas e expectativas das asistentes, ofrecendo o tempo e os espazos necesarios para o debate e o networking.